Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA INTERVENCIÓNS ORZAMENTADAS NUNS 300.000 EUROS PARA A MELLORA DE ACCESIBILIDADE E ILUMINACIÓN DOS PASOS DE PEÓNS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou as numerosas intervencións executadas e en execución para dotar de maior iluminación e mellorar a accesibilidade nos pasos de peóns
Narón, 25 de xaneiro de 2023. O Concello iniciou varias obras do proxecto de mellora de accesibilidade na zona urbana. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que están adxudicadas as obras que se acometerán na estrada de Castela, a zona de Cidade Europa, Santa Icía e Virxe do Mar, orzamentadas nuns 276.000 euros. Ferreiro explicou que se trata dunha intervención “moi importante para mellorar a accesibilidade na zona urbana, que nos permite continuar traballando nesta liña para facer de Narón unha cidade cada día máis accesible e integradora”. “En total executaranse 134 intervencións en viais, cruces e prazas de vehículos para suprimir barreiras arquitectónicas, adaptando pasos de peóns e beirarrúas e mellorando as dimensións de prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida”, avanzou Ferreiro. Do total de traballos programados, 65 levaranse a cabo na estrada de Castela –dende a rotonda de Freixeiro ata a Ponte das Cabras-; 59 na zona de Cidade Europa; seis en Santa Icía e as catro restantes en Virxe do Mar, tal e como figura no proxecto. A alcaldesa avanzou que os traballos se executan tras establecerse un orde de prioridades para dar unha maior eficacia ao desenvolvemento das tarefas a realizar e, ao mesmo tempo, minimizar as posibles molestias deste tipo de actuacións de cara ao tráfico peonil e rodado. “Estes traballos complementan outros xa realizados para a mellora da accesibilidade, como a primeira fase da estrada de Castela, entre a ponte de Xuvia e a rotonda de Freixeiro e as de viais nas Vivendas da Mariña, entre outros”, indicou. Así mesmo, de xeito paralelo estanse acometendo traballos de mellora da iluminación en varios pasos de peóns, seleccionados atendendo a criterios da Policía Local en diferentes ubicacións da cidade. Estas intervencións, executadas xa nunha decena de pasos e que continúan avanzando, lévaas a cabo persoal do departamento municipal de Servizos Básicos. Na primeira fase dos traballos non se actuará nos pasos protexidos por sinalización semafórica e tamén se aposta por colocar as luminarias en elementos xa instalados do mobiliario urbán, evitando así un maior custe e tamén posibles barreiras arquitectónicas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es