Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCERTOS DE SÉS, XACARANDAINA E UN MUSICAL DOS ANOS 80 E 90 CENTRARÁN A PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 30 de xaneiro de 2023. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos da programación cultural do Padroado da Cultura. O primeiro deles será o venres, día 3 ás 20.30 horas, cando terá lugar o concerto de Sés, que presentará en Narón acompañada de toda a súa banda o seu último disco “Diante dun eco”. Trátase do oitavo traballo discográfico da cantautora galega, unha volta aos inicios dende a madurez. O concerto terá unha duración de hora e media, na que interpretará os doce temas do seu disco, no que se reafirma na estética popular sen renunciar á súa calidade poética. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O sábado 4 chegará de novo a música ao Pazo, nesa ocasión da man da formación Xacarandaina, co seu novidoso espectáculo “Endaterra”. A música e o baile tradicional centran esta proposta musical, na que se fusionan distintas artes escénicas. A partir das 20.00 horas o público poderá desfrutar dunha singular produción audiovisual cunha banda sonora única composta para este espectáculo, que representa un percorrido pola cultura tradicional das rutas do Camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía, seguindo as tradicións de dezaoito concellos. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. O turno do público familiar e infantil chegará coa proposta dominical, ás 19.30 horas. “El musical de los 80s y 90s”, de Tertulia Producción, permitirá ofrecer ao público con voces en directo os máis variados estilos das décadas dos anos 80 e 90, misturando o mellor do pop español con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude. O prezo en venda anticipada é de 16 euros no patio de butacas; 14 euros no anfiteatro 1 e de 12 euros no anfiteatro 2 e no caso de adquirir as entradas o propio domingo será de 19 euros no patio de butacas; 17 no anfiteatro 1 e 15 no anfiteatro 2. As persoas interesadas en asistir aos espectáculos do Pazo poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal