Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP PONTE DE XUVIA PARTICIPARON HOXE NOS ITINERARIOS DIDÁCTICOS POLA CASA CONSISTORIAL E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro reuniuse coas alumnas e alumnos de sexto de Infantil e respostou ás preguntas que lle formularon
Narón, 31 de xaneiro de 2023. Un grupo de dezaseis escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP Ponte de Xuvia, desprazouse hoxe ao Concello para participar nas actividades do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial. Os menores estiveron acompañados por persoal docente, co que visitaron varias dependencias municipais e se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Unha vez na citada ubicación os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa e do funcionamento do Concello. Os escolares visionaron o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns libros e unha gorra, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares nesta visita teatralizada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal