Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCRITORA NARONESA MARÍA ISABEL CAGIAO PRESENTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA BIBLIOTECA AS NOVELAS "GOMETS" E "GOMETS II, LA CASA DE ENCUENTROS"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á cidadanía a acudir ao acto para coñecer as dúas primeiras novelas da autora naronesa
Narón, 2 de febreiro de 2023. A escritora naronesa María Isabel Cagiao Branco presentará o vindeiro mércores, día 8, na Biblioteca municipal os seus dous primeiros libros “Gomets” e “Gomets II, la casa de encuentros”. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que o acto se desenvolverá a partir das 18.30 horas na planta soto das citadas instalacións, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. A autora estará acompañada no acto, entre outros, pola tamén escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo, que se encargará de presentar esta convocatoria. “Gomets” foi a súa primeira novela e consta dunha parte real e outra ficticia, cunha temática centrada no amor e protagonizada por Bely, unha rapaza que medra na comarca nuns tempos de incertidume e que se transformará en Adela, trocando a súa personalidade. As dúas obras foron publicadas pola editorial Diversidad Literaria en 2021 e 2022 e forman parte do que nun futuro próximo será unha triloxía. A autora destacou o éxito de acollida que están tendo entre o público lector, indicando que adoita identificarse con algún dos personaxes, co entorno e coa temática que se abordan. Dende o Concello animouse ás veciñas e veciños da cidade e tamén doutros concellos a acudir á presentación, para coñecer máis polo miúdo as obras de María Isabel Cagiao e tamén a súa experiencia como escritora.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal