Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN PARA INSTALAR UN EXPOSITOR NA "XVII MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN"
O evento desenvolverase esta fin de semana, o 11 e 12 de febreiro, nas instalacións do Centro Comercial Odeón
Narón, 6 de febreiro de 2023. As persoas que desexen participar na “XVII Mostra da Camelia Cidade de Narón” instalando un expositor e no “XIII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón” deben facelo antes de finais desta semana, ata o vindeiro 10 de febreiro, a través do mail asociaciongalegadacamelia@gmail.com ou do número de teléfono 660 599 700. Esta cita organizada polo Concello e a Asociación Galega da Camelia desenvolverase esta fin de semana, o sábado e o domingo, nas instalacións do Centro Comercial Odeón. A programación prevista comezará a desenvolverse o día 11 ás 9.00 horas, cando se comezará a montar a mostra. Os mellores exemplares desta flor poderanse ver nos espazos habilitados para tal fin e ás 13.00 horas un xurado especializado encargarase de calificar os lotes que participarán no concurso. Despois dun xantar de confraternización retomarase a actividade para, ás 17.30 horas, proceder á inauguración oficial da Mostra e apertura ao público. Tralo acto oficial dará comezo a entrega de premios deste certame, á Mellor Camelia japónica, á Mellor Camelia reticulada, á Mellor especie de camelia, ó Mellor híbrido de Camelia, á Mellor flor miniatura, ó Mellor cultivador-expositor e á Mellor composición artística colectiva. Ás 22.00 procederase ao peche da Mostra ata a xornada do domingo, para reabrir ás 10.00 horas. Media hora máis tarde está programada unha visita a un parque de camelias dun coleccionista e as persoas que queiran acudir deberán anotarse previamente chamando ao teléfono 660 599 700. Dende a organización animaron a participar neste tradicional evento, que reúne na cidade a visitantes chegados de diferentes concellos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal