Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO ASASINATO MACHISTA DE BAIONA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria celebrada este mediodía, á que asistiron outros representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Consistorio
Narón, 7 de febreiro de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración convocada este mediodía no Concello en repulsa do asesinato machista dunha muller en Baiona, Pontevedra. O suceso tivo lugar o pasado domingo, cando o presunto asasino, Ángel Rodríguez, golpeou mortalmente na cabeza á vítima, Beatriz Lijó, de 47 anos. O suceso é o primeiro crime machista deste ano en Galicia e o oitavo a nivel estatal no que vai de ano. Á convocatoria, na que se gardou un minuto de sinlencio en sinal de condena dos feitos e solidariedade coa familia da muller asasinada, acudiron tamén outros representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez, e tamén traballadoras e traballadores do Concello. No transcurso da convocatoria os políticos locais portaron unha pancarta do Concello co lema “Contra a violencia de xénero”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal