Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INFORMA DAS NOVIDADES NO PAGO DE TRIBUTOS DELEGADOS NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A medida afecta ao Imposto de Bens Inmobles, o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, o Imposto de Actividades Económicas e a Taxa de entrada de vehículos a través da vía pública
Narón, 7 de febreiro de 2023. O pago de tributos delegados na Deputación Provincial da Coruña experimentará unha serie de novidades que afectan ao Imposto de Bens Inmobles, o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, o Imposto de Actividades Económicas e a Taxa de entrada de vehículos a través da vía pública. Coa finalidade de facilitar aos contribuíntes o cumprimento das súas obrigas tributarias modifícase o procedemento do plan especial individualizado de pago dos recibos, que permite realízalo en tres ou dez meses o día 5 ou o inmediato hábil posterior dos meses de abril, xullo e outubro (no caso de pagar en tres mensualidades) ou de xaneiro a outubro (en dez mensualidades). Dende a Deputación da Coruña indican que para acollerse á medida é preciso presentar una solicitude no modelo normalizado que se pode descargar da web da citada administración: www.dacoruna.gal e podendo realizala a través da OVT. Tamén haberá que facilitar unha domiciliación bancaria, non ter débedas pendentes de pago en período executivo e facilitar un número de teléfono de contacto e unha dirección de correo electrónico. Co fin de que a medida teña efectos nun exercizo a solicitude debe estar aprobada antes do 1 de xaneiro do mesmo, se ben no caso de entrar con posterioridade terá efectos para o exercicio seguinte, tal e como se especifica dende a administración provincial. Para obter máis información pódese consultar a web da Deputación da Coruña, chamar ao número de teléfono de atención ao contribuínte: 900 132 204; enviar un fax ao citado departamento: 981 080 090 ou escribir un mail á dirección: atencion.tributaria@dacoruna.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal