Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DE "ÁRBORES CON HISTORIA, 101 HISTORIAS DE ÁRBORES", DO ESCRITOR TOMÁS CASAL
A presentación do libro terá lugar ás 19.00 horas, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 27 de febreiro de 2023. A sala multiusos da Biblioteca municipal acollerá este venres, día 3, a presentación do libro “Árbores con historia, 101 historias de árboles”, do escritor Tomás Casal. A cita, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, será ás 19.00 horas e no transcurso da mesma o autor dará a coñecer a súa nova obra, unha colección de 101 pezas narrativas que vinculan unha serie de árbores coa historia da propia humanidade. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. Na nova publicación o autor realiza un percorrido dende a Grecia clásica ata a actualidade, parándose en épocas como a conquista de América, a Francia revolucionaria ou a construcción da actual Europa. No libro atoparemos árbores de todo o mundo, algunhas delas en Galicia e tamén en Narón. A editorial Aliar Ediciones publica este libro, o segundo en solitario de Casal, que anteriormente publicou “Notas históricas sobre Valdoviño (1836-1936)” e é coautor de publicacións como “Narón en verde, árbores”, “A magnolia de Santa Rita e a cultura verde en Narón” e “La fábrica de Jubia y sus alrededores”. Tomás Casal é tamén membro fundador da Asociación Galega da Camelia, onde foi editor da revista “Camelicultura” e colaborou en varias revistas de ámbito local e nacional.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal