Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CEIP A SOLAINA VISITOU ONTE E HOXE O CONCELLO E REUNIUSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, conversou animadamente cos escolares no salón de plenos
Narón, 28 de febreiro de 2023. Medio cento de alumnas e alumnos de sexto curso de educación primaria do colexio da Solaina desprazáronse nas xornadas de onte e hoxe ao Concello para participar no programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola. O citado programa inclúe a celebración, este mesmo venres, dun pleno escolar, actividade que se desenvolve cada ano con escolares da cidade. Os menores, na súa estancia no salón de plenos, visionaron un vídeo sobre a cidade, o funcionamento da administración local, as parroquias e barrios de Narón, para posteriormente, trala chegada da alcaldesa, Marián Ferreiro, realizarlle algunhas preguntas. A súa traxectoria política, o que máis lle gusta do seu traballo e o que menos, a conciliación da vida laboral e familiar… foron algunhas das preguntas que realizaron. Así mesmo, ante preguntas da rexedora local, explicáronlle que fan no seu tempo libre, que deportes practican e tamén se pronunciaron sobre a súa visión da cidade. Antes de abandonar o salón de plenos, o alumnado dos dous días, sacou unha fotografía de grupo para inmortalizar o momento. Levaron ademáis uns agasallos institucionais en agradecemento pola súa visita e percorreron outras dependencias municipais, como as da Policía local, antes de regresar de novo ás aulas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal