Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL E A AEF CONVIDAN Á MINISTRA DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA A UNHA REUNIÓN NO CONSISTORIO TRALA EXCLUSIÓN DO EMPRESARIADO LOCAL DAS AXUDAS DE TRANSICIÓN XUSTA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, mantiveron a reunión co presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel Torreiro, e Nonito Aneiros, vogal da entidade
Narón, 2 de marzo de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, David Pita, reuníronse esta tarde no Concello co presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel Torreiro, e Nonito Aneiros, vogal da citada entidade, co fin de analizar as accións a levar a cabo trala confirmación da exclusión do sector empresarial da cidade das axudas de Transición Xusta. Os representantes do goberno local e do sector empresarial coincidiron en calificar de “inxusta” unha situación que lles afecta directamente e os sitúa nunha posición de clara desventaxa con respecto a outros concellos da zona tamén afectados como Narón polo anunciado peche da térmica pontesa. No transcurso da reunión os políticos locais e os empresarios acordaron convidar a unha reunión no Concello á Ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera, aproveitando a visita que realizará esta mesma semana á cidade. A finalidade do encontro é abordar este grave problema que afecta ao empresariado local e urxir que se revirta esta situación para ofrecer ao sector un trato igualitario. Así mesmo, tal e como explicaron, solicitarase unha nova entrevista co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, co fin de abordar tamén esta situación de exclusión das axudas, despois de que o pasado ano se indicase que Narón podería optar ás novas liñas de axudas que se habilitasen. Unha terceira reunión será a que se requira co conselleiro de Industria, Francisco Conde, para trasladarlle a importancia desta problemática e, ao tempo, analizar a viabilidade de que o sector empresarial de Narón poida acollerse a algún tipo de axuda autonómica.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal