Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONTINÚA ESTE MES O CICLO DE CONFERENCIAS DO PROGRAMA MUNICIPAL "A SAÚDE MENTAL E COUSA DE TODOS E TODAS"
As charlas deste mes desenvolveranse nas instalacións do Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro
Narón, 2 de marzo de 2023. Dúas novas conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental impulsado dende o Concello celebraranse este mes de marzo, dando así continuidade a esta convocatoria iniciada o pasado febreiro. A seguinte cita será o 10 de marzo ás 19.30 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, onde a matrona e cofundadora do grupo de lactancia BBTTA, Isaura González e a psicóloga especializada en saúde mental perinatal Pilar Carballeira se encargarán de impartir unha conferencia sobre “Saíde mental na maternidade/paternidade”. As citas programadas para este mes continuarán o día 25 deste mes ás 11.00 horas, xornada na que a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a pisconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero falarán sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”. A convocatoria desenvolverase tamén nas instalacións do Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. A entrada ás conferencias é libre ata completar a capacidade da sala. O programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental inclúe outras propostas baixo o lema “A saúde mental é cousa de todos e todas”. Unha desas propostas precisa da colaboración da cidadanía, polo que se convida ás persoas que teñan algún tipo de doenza relacionada coa saúde mental e queiran participar como voluntarias ou voluntarios a compartir a súa experiencia participando en varios encontros para recoller información e compartila. As persoas interesadas poden remitir un correo electrónico á dirección: info@paula-paz.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal