Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DE AUTOBÚS E OUTRO PARA O DE CAMIÓN E TRÁILER
A concelleira de Formación Natalia Hermida, avanzou que o prazo de inscrición permanecerá aberto do 6 ao 10 de marzo
Narón, 2 de marzo de 2023. O Concello convoca un curso de Preparación para a obtención do permiso de condución D (autobús) con CAP inicial de viaxeiros/as e outro de Preparación para a obtención do permiso de condución C (camión) e E (tráiler) con CAP inicial de mercadorías. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o prazo de inscrición abrirá o vindeiro luns, 6 de marzo ás 8.30 horas e pechará o 10 de marzo ás 13.30 horas. No caso do curso para obter o permiso de condución de autobús o alumnado deberá ser maior de 24 anos e no de camión e tráiler ser maior de 21. Así mesmo, nos dous casos é preciso que teñan en vigor o permiso de condución B e ter superado o correspondente psicotécnico. Cada un dos cursos terá unha duración de 270 horas e impartiranse na sede da Autoescola Anpidriver, na Gándara (rúa Concepción Arenal, 73, Narón) entre o 11 de abril e o 23 de xuño deste ano, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ofértanse un total de oito prazas para cada un dos cursos e das horas totais 130 correspóndense coa formación teórica presencial para a preparación do CAP; 12 clases serán prácticas de condución ata completar 10 horas (incluídas as dos exames) e 110 horas serán de formación para os permisos –D ou C e E- (incluídas as de presentación aos exames oficiais), se ben 20 máis destinaranse a módulos transversais de sensibilización en igualdade de xénero, medioambiental e de inserción laboral. Hermida explicou que será de balde para o alumnado o pago das taxas de exames teóricos/pistas e circulación para o carné D e tamén para os C e E, segundo o curso, e as taxas de expedición e exames teóricos do CAP inicial obrigadas por Tráfico (sen incluír a renovación, só unha convocatoria), debendo o alumnado abonar o pago do psicotécnico e o requerido polo centro de exames. As persoas interesadas deben presentar as instancias no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.30 horas-, na Sede Electrónica de Narón ou a través do resto de medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal