Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITARÁ UN NOVO ESTACIONAMENTO DE PROXIMIDADE NO BARRIO DA SOLAINA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a colaboración dos integrantes do Club de Fútbol Estrella para poder acondicionar este espazo
Narón, 4 de marzo de 2023. O barrio da Solaina disporá dun novo estacionamento de proximidade nas vindeiras semanas. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que hoxe se desprazou á zona na que se habilitará acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla e de Alberto Pena e Berto Seijo, presidente e simpatizante e exdirectivo, respectivamente, do club de fútbol Estrella. “Trátase dun espazo de algo máis de 4.000 metros cadrados de titularidade municipal que pasará a ser un aparcadoiro provisional, ampliando así o número de prazas que se habilitarán na zona”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa explicou que estas instalacións deportivas non están sendo utilizadas na actualidade polos integrantes do club de fútbol Estrella, que adestran e xogan nos campos de San Mateo e do Cadaval e non teñen equipos de base na actual tempada. Ferreiro mantivo unha reunión con representantes do club local para cambiar temporalmente o uso desa parcela, unha proposta que contou co respaldo da entidade deportiva. “Quero agradecer especialmente a comprensión e o apoio do Club de Fútbol Estrella e a súa vontade para poder materializar este proxecto moi necesario nestes momentos no barrio”, subliñou a rexedora local. Ferreiro recordou que esta mesma semana o Concello procedía a delimitar unha parte do estacionamento de proximidade actualmente operativo na Solaina, nas inmediacións do colexio, debido á falta de acordo con un dos titulares de parte do chan para renovar a cesión do mesmo. “Dende o momento en que o propietario nos trasladou a súa proposta e que vimos que era inviable comezamos a traballar noutras opcións e a que finalmente eliximos permitiranos ademais habilitar un maior número de prazas para estacionar das que tivemos que suprimir no outro aparcadoiro e nun espazo con alumeado público, moi próximo ás vivendas e instalacións municipais”, recalcou. A alcaldesa asegurou que a vindeira semana se prevé comezar a acondicionar o terreo para que poidan estacionar canto antes os vehículos nun firme que temporalmente pasará a ser de xabre. O novo aparcadoiro terá, tal e como avanzou Ferreiro, entrada pola rúa Ourense e entrada e saída pola rúa Pontevedra.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal