Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL IMPULSA A CREACIÓN DUNHA OFICINA DE TRANSFORMACIÓN COMUNITARIA NA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou a importancia de promover comunidades enerxéticas na cidade
Narón, 5 de marzo de 2023. O goberno local aposta pola creación dunha Oficina de Transformación Comunitaria na cidade, instalacións que, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, están orzamentadas en 132.741,84 euros e para as que se solicitou unha subvención europea de 81.180,96 euros. “Trátase dunha iniciativa que consideramos necesaria e, ao tempo, útil, para promover a creación de comunidades enerxéticas na cidade”, apuntou a rexedora local. A iniciativa opta a unha liña de axudas do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia financiado pola Unión Europea (fondos Next GenerationEU). A proposta municipal inclúe varias actuacións encamiñadas a acadar iniciativas adaptadas ás capacidades e intereses locais. Comezaríase, tal e como indicou Ferreiro, por unha fase de activación social e integración coas estruturas e o tecido asociativo locais para achegar a todos os grupos sociais e que a oficina teña o maior impacto social posible. A segunda fase pasaría por iniciar un programa formativo e de difusión das instalacións a través do que divulgar a importancia do aforro enerxético e avanzar cara á constitución de formacións máis específicas enfocadas á capacitación de asociacións e pequenas e medianas empresas ou outros grupos interesados en liderar iniciativas de comunidades enerxéticas. Neste mesmo proceso elaboraríanse estudos e recompilaríase material informativo sobre comunidades enerxéticas, a súa adaptación aos intereses locais e procederíase á súa divulgación. Unha vez deseñado o funcionamento da oficina e co fin de poñer en marcha as primeiras iniciativas que poidan xurdir, habilitarase un servizo de asesoramento semi presencial. “A finalidade do mesmo sería solventar á cidadanía en xeral dúbidas que poidan xurdir de carácter técnico e reforzar ese traballo de asesoramento para iniciativas incipientes, así como levar a cabo actuacións específicas de acompañamento para novas iniciativas de creación de comunidades enerxéticas", destacou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal