Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E PÚBLICO NA "II CARREIRA E ANDAINA POLA IGUALDADE" ORGANIZADA POLO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a implicación dos participantes e de todas as persoas que colaboraron neste evento
Narón, 5 de marzo de 2023. A segunda edición da “Carreira e andaina pola Igualdade” organizadas polo Concello e que se desenvolveron esta mañá na cidade foron un éxito tanto a nivel de participación, cun total de 605 persoas, como de público. As inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara acolleron a saída e a meta das diferentes probas, e tamén a entrega de medallas e premios da carreira absoluta. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou tamén na andaina xunto a outros representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez. Ás 10.00 horas comezaron a saír os primeiros participantes, das categorías sub 16 e sub 18, que percorreron un tramo de dous quilómetros. A continuación foron saíndo o resto de categorías: a sub 14 e sub 12 ás 10.15 horas para percorrer quilómetro e medio; a sub 10 ás 10.30, cun tramo de 500 metros e a prebenxamín ás 10.45 horas, con cen metros. A alcaldesa da cidade foi a encargada de dar o pistoletazo de saída na carreira absoluta, cun tramo de cinco quilómetros e que comezou ás 11.00 horas e cinco minutos máis tarde o edil de Deportes, José Oreona, fixo o propio para marcar o inicio da andaina. Á chegada das nenas e nenos que participaron recibiron unha medalla de mans de Marián Ferreiro, e os edís Mar Gómez e José Oreona, que tamén entregaron os premios finais ás tres primeiras mulleres e homes que remataron o percorrido das categorías absolutas. Alejandro Rodríguez Rilo, Esteban Díaz Pérez –ambos do Atletismo Narón- e Antonio Méndez Sánchez –Dalle Gas Running Team- foron os tres mellor clasificados, respectivamente, na categoría masculina e Rebeca Soto Viñas –Atletismo Narón-, Begoña Pacio López-O Roxal Running Team- e Helena Peñas González –OPA Ferrol Team Running-: A muller de maior idade que rematou o percorrido da carreira foi Silvia Sánchez Bascoy, nada no ano 1960. Ferreiro agradeceu “a gran implicación das nosas veciñas e veciños e tamén da xente doutros concellos que se achegou a un acto tan importante sobre a igualdade” e tamén o labor de todas as persoas que colaboraron como voluntarias e voluntarios para o bo desenvolvemento da proba, e á Federación Galega de Atletismo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal