Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DELEGACIÓN DE AGA EN FERROLTERRA INICIAN UNHA CAMPAÑA DE CONTROL DA AVESPA VELUTINA
A Asociación Galega de Apicultura incide na importancia de levar a cabo o trampeo entre os meses de marzo e maio
Narón, 9 de marzo de 2023. O Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura inician unha campaña de sensibilización para o control da avespa velutina. Incidindo en que o pasado ano foi “un dos máis duros en canto á velutina”, dende AGA destacaron a importancia de iniciar os trampeos, ata o mes de maio, porque é o período no que as raíñas comezan a espertar da súa hibernación e inician a súa actividade. “Seguimos loitando contra esta especie invasora tan perniciosa para as actividades agrarias como a fruticultura ou a apicultura e tamén para a seguridade cidadá, de aí a importancia de recudir o número de raíñas para conter a súa multiplicación”, subliñaron. O trampeo primaveral é fundamental para evitar riscos, polo que se anima ás veciñas e veciños da zona rural maioritariamente a instalar trampas próximas ás vivendas, nas hortas ou xardíns, para evitar ter nidos de velutinas a menos de 150 metros das casas. Dende AGA aseguran que “está demostrado que un bo trampeo reduce ata nun 75% o número de niños de avespas na zona” e avanzaron que xa instalaron trampeo en determinados puntos da comarca para retomar a loita contra as velutinas.
Descarga de archivos
Recomendacións trampeo velutinas
Tamaño:2,80 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal