Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CREARÁ PICTOGRAMAS PERSOALIZADOS PARA O SECTOR COMERCIAL DA CIDADE
El edil de Promoción Económica, David Pita, avanzó que podrán solicitarlos todos los establecimientos comerciales de la ciudad
Narón, 10 de marzo de 2023. O Concello editará unha serie de pictogramas persoalizados destinados ao comercio local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que indicou que a iniciativa se impulsa co fin de “facilitar a interpretación e autonomía das persoas con autismo e outras diversidades que afecten á linguaxe”. O edil naronés indicou que a iniciativa está aberta a todo o sector e que dende a Asociación de Comerciantes Narón anotarán aos establecementos asociados que se queiran adherir. O resto de comercios locais poderán anotarse enviando un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es indicando o nome do establecemento, nome e apelidos do propietario e un teléfono de contacto e indicando o seu interese en colocar un dos pictogramas. O edil naronés recalcou que “continuamos avanzando dende o goberno local na mellora da accesibilidade e inclusión das persoas e colectivos na nosa sociedade e con ese fin apostamos por esta iniciativa, que en breve estará en marcha”. Pita animou aos propietarios dos establecementos comerciais da cidade a sumarse a esta proposta “sin custe algún e que representa un avance moi importante e necesario na nosa sociedade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal