Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CPR SANTIAGO APÓSTOL PLANTARON UNHA VINTENA DE ÁRBORES NA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE FREIXEIRO E XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Parques e Xardíns, Ibán Santalla, participaron na plantación xunto con representantes da firma Cementos Tudela Veguín
Narón, 10 de marzo de 2023. Un tramo da senda peonil e ciclista entre Freixeiro e Xuvia, no Camiño da Veiga, foi o lugar elixido para retomar a plantación promovida na cidade pola Corporación Masaveu, á que pertence Cementos Tudela Veguín. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Parques e Xardíns, Ibán Santalla, participaron na convocatoria xunto co responsable de Medio Ambiente e Enerxía do grupo Masaveu Industria, Fernando Fernández-Tresguerres; a subdirectora da planta Cementos Tudela Veguín, do Grupo Masaveu en Castro, Marta Ferro, outros representantes da citada empresa e algo máis de medio cento de alumnas e alumnos de sexto curso de Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón. Profesionais da empresa de mantemento de xardíns da cidade encargáronse de ofrecer aos escolares unhas explicacións sobre o proceso da plantación para que, a continuación, comezasen por grupos a plantar vinte árbores de dúas especies, freixos e os coñecidos como “árbores do amor”. Os exemplares quedaron identificados cos nomes dos rapaces e rapazas, que contaron coa axuda de persoal docente do centro, dos representantes do goberno local e da empresa no proceso da plantación. Os escolares quixeron aproveitar a ocasión para que a alcaldesa lles asinase as camisetas que lles entregaron dende a empresa con motivo desta actividade. Ferreiro agradeceu “a implicación da Corporación Masaveu, coa que un ano máis quixemos colaborar para levar a cabo esta actividade medioambiental con escolares e a través da que se levan plantado decenas de árbores en diferentes ubicacións da cidade, tanto na zona rural, como é o caso de Castro e Sedes, como na urbana, sumándose A Gándara e Xuvia á zona elixida para a plantación desta mañá”. A actividade responde a unha campaña de sensibilización medioambiental que desde hai varios anos impulsa na localidade a Corporación Masaveu. Unha vez rematada a plantación, e antes de regresar os escolares ás aulas, os participantes degustaron un aperitivo nas instalacións do Centro Cívico Social de Piñeiros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal