Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE POSTOS PARTICIPAN ESTA FIN DE SEMANA NA "I FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE"
A feira abrirá este sábado e domingo no pavillón da Mocidade, na Gándara, e a entrada é de balde
Narón, 11 de marzo de 2023. O pavillón da Mocidade, na Gándara, acolle dende esta mañá e ata a tarde de mañá domingo a primeira edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” organizada polo Concello. Os edís de Promoción Económica, David Pita, Deportes, José Oerona e Igualdade, Mar Gómez, desprazáronse ás citadas instalacións con motivo do inicio deste evento, ata o que ao longo da mañá se achegaron numerosas veciñas e veciños da cidade e comarca. Sellas de madeira, vinilos, libros antigos, gramófonos, moedas, obxectos decorativos e ata un piano, entre moitos outros artículos, poden verse e adquirirse hoxe e mañá na trintena de postos que participan nesta convocatoria. Dende o Concello destacouse “a gran variedade de artículos que se poden atopar nesta feira, de interese para particulares que lles gusten as antigüidades e tamén para coleccionistas, que teñen a oportunidade de atopar pezas únicas”. Unha gran parte dos anticuarios e coleccionistas que decidiron vir a esta feira proceden de concellos galegos e outros de comunidades como Castela León, Asturias e incluso de países veciños como Portugal. Dende o colectivo amosaron tamén a súa satisfacción pola xente que estaba achegándose ao Pavillón da Mocidade e pola diversidade de postos de venda nesta feira que se convocou por primeiro ano na cidade. A feira, con entrada de balde, pode visitarse tamén esta tarde de 16.00 a 20.30 horas e mañá de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal