Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO HABILITA UNHA OFICINA DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA E RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que a oficina permanecerá aberta os martes e xoves de 10.00 a 14.00 horas
Narón, 13 de marzo de 2023. O Concello conta cunha oficina de atención presencial ao público que está xa operativa dous días á semana na cidade. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que se desprazou ás instalacións, ubicadas no número 562 da estrada de Castela, en Piñeiros, xunto co edil de Servizos, Ibán Santalla. A rexedora local indicou que as instalacións permanecerán abertas á cidadanía os martes e xoves en horario de 10.00 a 12.00, co fin de atender presencialmente durante ese período ás persoas que o precisen. Ferreiro indicou que “esta é outra das melloras incluídas no novo contrato do Servizo de Limpeza Viaria e recollida de Residuos Sólidos Urbáns da Cidade, en cuxo plego quixemos incorporar este novo servizo co fin de ofrecelo ás veciñas e veciños que o precisen”. “Somos parte da nosa cidade, coidémola” é o lema elixido para concienciar e sensibilizar á poboación sobre a importancia de, entre todas e todos, manter limpa a cidade e que figura na fachada da nova oficina. “Queremos que as veciñas e veciños que teñan algunha dúbida ou algunha suxestión sobre o servizo teñan unha nova canle de comunicación, neste caso un espazo físico no que reciban atención persoalizada para poder abordalo co fin de facilitar a súa tramitación e ofrecer as mellores garantías da eficiencia do traballo que se realiza nesa área”, subliñou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal