Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO ATA O 20 DE MARZO O PRAZO DE MATRÍCULA NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofrecen 126 prazas para menores de 0 a 3 anos
Narón, 14 de marzo de 2023. O prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais rematará o 20 de marzo. Para o vindeiro curso escolar 2023-2024 os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofertan un total de 126 prazas para menores de 0 a 3 anos, tal e como apuntou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. As matrículas poden tramitarse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas- ou na Sede Electrónica de Narón. Na escola infantil da Solaina hai dispoñibles 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2 e 15 para os de 2 a 3. Na da Gándara tamén se ofertan 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2, e 14 para os de 2 a 3. Na escola infantil de Piñeiros o número de prazas é de 16 para nenas e nenos de 0 a 1 anos; de 11 para os de 1 a 2 e de 12 para os de 2 a 3. A través da web municipal buscocole.naron.es as familias dispoñen de completa información e orientación sobre os centros de ensino da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal