Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONSISTORIO A UNHA VINTENA DE MULLERES QUE PARTICIPAN EN VARIOS CURSOS MUNICIPAIS
Marián Ferreiro agracedeu a visita das mulleres e conversou con elas intercambiando opinións e impresións sobre a cidade
Narón, 14 de marzo de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse hoxe con preto dunha vintena de mulleres que participan en varios cursos organizados dende o Consistorio. A xuntanza tivo lugar no salón de plenos, onde as visitantes tiveron a oportunidade de interesarse ante a rexedora local por varios asuntos de actualidade do municipio. “Apodérate”, “Volve a clase”, e “Competencias para o emprego” son os cursos nos que participan estas mulleres e que se desenvolven nas instalacións da Casa da Mocidade. As mulleres visitaron a maiores do salón de plenos as instalacións do Arquivo municipal e as dependencias do equipo de Educación Viaria de Narón, coñecendo por parte de persoal das citadas áreas o funcionamento das mesmas e tamén se lles ofreceu unha explicación xenérica do traballo que se realiza día a día no Consistorio. Ferreiro deu a benvida ás mulleres á súa chegada ao salón de plenos e quixo tamén coñecer a visión que teñen de Narón, compartindo con elas un tempo no que intercambiaron opinións. A alcaldesa agradeceu a visita e tamén a participación das mulleres nos cursos municipais “que representan unha oportunidade para continuar o período formativo, adquisición de destrezas e, ao mesmo tempo, tamén para ampliar as posibilidades de acceder ao mercado laboral”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal