Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA O XOGO DE CONTOS TRADICIONAIS "A OCA DE ANDERSEN" NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a convocatoria, que terá lugar o 25 de marzo, require inscrición previa
Narón, 17 de marzo de 2023. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou unha nova actividade que se levará a cabo nas citadas instalacións municipais con motivo do Día Internacional do libro infantil e xuvenil. “A oca de Andersen” é o título desta actividade, que consistirá nun xogo sobre os contos tradicionais e que terá lugar o vindeiro 25 de marzo ás 11.00 horas. A obra do autor danés Hans Christian Andersen será a base desta proposta, dirixida a menores a partir de cinco anos e na que os personaxes e o autor serán os protagonistas dunha adaptación do clásico xogo da oca. As nenas e nenos participarán nun apaixoante percorrido por equipos dende a caixa de saída ata a meta. A edil naronesa recalcou que os participantes deberán ter cumpridos os cinco anos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes. Así mesmo, indicou que deberán reservar praza previamente, podendo facelo a partir do martes 21 de marzo ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal