Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN INSTITUCIONAL Á COMPARSA NARONESA OS PARRANDOLOS
Marián Ferreiro felicitou aos integrantes da comparsa polo seu labor e traxectoria e desexoulles "polo menos, outros corenta anos máis"
Narón, 18 de marzo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no Consistorio a unha representación da comparsa naronesa Os Parrandolos, integrada por preto de medio cento de persoas. A rexedora local felicitounos polos seus corenta anos de traxectoria, que os convirten na máis veterana de Narón e comarca, con actuacións ano tras ano nas celebracións do Entroido da cidade e comarca. Os Parrandolos, da Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros, constituíuse no ano 1983 e chegou a contar con tres modalidades: os parrandolos, con persoas adultas; os parrandoleiros, con adolescentes, e os parrandoliños, a categoría infantil. Na súa actuación do Entroido deste ano contaron con participantes de entre 3 e 79 anos, tal e como indicaron. Ferreiro interesouse polo traballo que realizan durante os meses que preparan tanto as letras e músicas como a indumentaria coa que saen no Entroido, un labor que realizan dende o mes de outubro ata o Entroido varios días á semana, ensaiando e realizando os disfraces nun obradoiro de costura nas instalacións do Centro Cívico Social de Piñeiros. Os integrantes de Os Parrandolos intercambiaron coa alcaldesa as súas impresións sobre a celebración do Entroido na cidade e aseguraron que foi un acerto levalo de novo ás rúas, para amenizar esas datas. Marián Ferreiro quixo tamén entregarlles un agasallo, unha máscara de Sargadelos, que recolleron dous dos integrantes máis veteráns, Maribel Mouriz e Pablo Oseira. Antes de rematar o acto a alcaldesa da cidade reiterou os parabéns polo seu labor e por manter viva a súa comparsa durante tantos anos, á que desexou, “polo menos, outros corenta anos máis”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal