Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AO ALUMNADO DO CEIP A SOLAINA QUE HOXE PARTICIPOU NOS OBRADOIROS PROGRAMADOS EN ALDEA NOVA
Marián Ferreiro desprazouse xunto coa edil de Ensino, Mercedes Taibo, ás instalacións ubicadas na parroquia de Sedes
Narón, 21 de marzo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse hoxe ás instalacións do parque temático de Aldea Nova, na parroquia de Sedes, con motivo do inicio de actividades ofertadas aos centros dende as citadas instalacións. Preto dun cento de escolares de primeiro e segundo curso de Primaria do colexio da Solaina, acompañados de persoal docente do centro, foron os primeiros en participar nos obradoiros iniciados hoxe. Ferreiro e Taibo viron como os escolares se implicaban, divididos en tres grupos, noutros tantos obradoiros que se realizaban no interior e exterior. Un nubeiro no forno, unha meiga que realizou castañolas cos menores e outra que lles facía pulseiras con pedras con poderes foron as propostas que se desenvolveron ao longo da mañá, entre as 10.00 e as 13.00 horas. Ao tempo que participaban nos obradoiros ían obtendo as pezas dun crebacabezas que ao remate da visita lles permitiu descubrir o tesouro da moura de Sedes, xunto a un castro recreado na zona. Ferreiro asegurou que “dinamizar estas instalacións é moi importante porque permiten ofrecer unha serie de iniciativas lúdicas e ao mesmo tempo didácticas nun entorno moi especial en un espazo que ofrece múltiples posibilidades”. A alcaldesa conversou cos escolares mentres realizaban as pulseiras, fabricaban slime con bicarbonato, fariña e xabrón… e valorou a implicación dos centros de ensino da cidade para apostar por este tipo de actividades en horario lectivo. Á visita realizada esta mañá por escolares da Solaina seguirana outras xa programadas, como a de alumnado do Feal, que será o próximo en participar nestes obradoiros. Dende o Concello recordouse que esta proposta se ofertou aos centros de ensino da cidade e animouse a todos os interesados en participar a desfrutar desta paraxe da zona rural naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal