Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRES ESPECTÁCULOS DE COMPAÑÍAS GALEGAS PROTAGONIZAN AS CITAS DESTA FIN DE SEMANA NO "VIII FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR"
As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 23 de marzo de 2023. A programación da oitava edición do Festival Internacional do monólogo teatral Singular continúa esta fin de semana no Pazo da Cultura. Na xornada de mañá venres poderase ver a peza “Feirantes” -20.30 horas-, da compañía galega Teatro do Noroeste. A actriz Imma António protagoniza este monólogo, baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “Os outros feirantes”. As andainas de curiosos personaxes aparecen recollidas nesa publicación e este monólogo é un homenaxe a eses personaxes que aínda habitan moitas aldeas de Galicia e, en definitiva, un homenaxe a Álvaro Cunqueiro, un dos máis recoñecidos novelistas e dramaturgos galegos do século XX. Na xornada do sábado será o turno de Diana Seira, de Galicia, que protagonizará “The Witch, un espectáculo ritual” -20.00 horas-. Trátase neste caso dunha peza ritual que convida ao público a vivilo, no que unha cómica, unha menciñeira e unha acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción, convertíndose as tres nunha. Finalmente, o domingo 26 representarase un espectáculo para público familiar e infantil, “Filipa cos contos”, da compañía galega Bandullo Azul -18.00 horas-. O Café Teatro do Pazo será o escenario elixido para que o actor Fran Campos represente esta obra xunto coa súa amiga Filipa. Entre os dous farán unha sesión de contos para toda a familia con historias tradicionais, música e humor. As entradas dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal