Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INE INFORMOU A NARÓN DO INCREMENTO DUN TOTAL DE 111 HABITANTES NA CIDADE DURANTE O PASADO ANO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o feito de que a cidade continúe sendo un dos concellos da comarca que gañe poboación
Narón, 24 de marzo de 2023. O Concello de Narón contaba a 1 de xaneiro deste ano cun total de 111 novos veciños. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, tras recibir unha comunicación do Instituto Nacional de Estatística na que se informa sobre o cómputo anual. “É unha satisfacción ver como Narón é un dos poucos concellos da comarca que continúan gañando poboación, neste caso máis dun centenar de veciñas e veciños, unha cifra moi importante e que reflicte a aposta da xente por elixir esta cidade para vivir”, destacou Ferreiro. A rexedora local avanzou que “a cifra que recoñece o INE non coincide coa do Concello, que aínda é algo superior, polo que se procederá como se fai cada ano a trasladar os nosos datos ao INE para que os revisen e ter a cifra definitiva tras realizar as pertinentes comprobacións”. O crecemento poboacional sitúa á cidade, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, en 39.049 habitantes. “O pasado ano tiñamos 38.938 habitantes e o de Narón foi un dos catro concellos da comarca, xunto con Ares, Mugardos e Valdoviño, que tamén gañou poboación, nese caso 25 habitantes no exercicio anterior, unha cifra moi alonxada dos actuais 111, que confirman unha tendencia nun claro crecemento”, destacou a alcaldesa. “Narón é unha cidade moi atractiva para vivir e con moita poboación xoven que ano tras ano ve incrementados os seus servizos, zonas verdes, infraestruturas, e que ofrece unha calidade de vida que ten en conta a todos os sectores da poboación”, recalcou. Ferreiro asegurou que “temos moi clara a folla de ruta para a nosa cidade e nesa liña queremos seguir traballando nos vindeiros anos, para que a cidade continúe sendo un referente e un lugar que siga elixindo a xente para establecer a súa residencia habitual”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal