Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESTACOU A ELEVADA PARTICIPACIÓN VECIÑAL NA CONFERENCIA "QUE TEN QUE VER A COMIDA COA SAÚDE MENTAL?"
Marián Ferreiro participou na convocatoria xunto coa edil responsable do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mercedes Taibo
Narón, 26 de marzo de 2023. O Centro Cívico Social do Alto acolleu onte unha nova conferencia do programa municipal sobre Prevención da depresión e mellora da saúde mental. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira responsable do Servizo Sociocomunitario, Mercedes Taibo, participaron na convocatoria, na que a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero falaron sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental”. Numerosas persoas achegáronse á conferencia, que deu comezo ás 11.00 e se prolongou durante unhas dúas horas. A maiores das explicacións realizadas sobre a alimentación (micronutrintes, as funcións e as consecuencias do déficit de determinadas vitaminas…) a conferencia incluíu unha parte práctica na que os participantes tiveron a oportunidade de decidir os mellores alimentos, ou os que habitualmente consumían no almorzo, a comida e a cea. Unha vez elixidos, as dúas nutricionistas encargáronse de valorar o resultado e ofrecer unha serie de consellos sobre alimentación saudable e incidir na súa importancia sobre a saúde, física e mental. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asegurou que se tratou dunha xornada “moi amena, na que as dúas profesionais ofreceron unhas pautas moi interesantes sobre alimentación e ao mesmo tempo respostaron a algunhas das dúbidas que ían xurdindo entre as persoas que acudiron”. Así mesmo, sublilñou o gran éxito de acollida que tivo tanto esta conferencia do programa municipal “A saúde mental é cousa de todos e todas” como as tres realizadas anteriormente na cidade con cargo a esta iniciativa, que rematará no mes de xuño.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal