Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMOU VARIAS INICIATIVAS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
As concelleiras de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, visitaron a exposición do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
Narón, 28 de marzo de 2023. As concelleiras de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, desprazáronse ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros para ver dúas exposicións en homenaxe ao pobo xitano de Narón. As mostras poderán verse ata o vindeiro 10 de abril e programáronse con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que será o 8 de abril. “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia” e “Homenaxe ao pobo xitano de Narón” son os títulos destas mostras, ás que dende o Concello se anima a acudir á cidadanía co fin de rachar estereotipos da sociedade en xeral cara á poboación xitana amosando secuencias da súa vida. A mostra “Somos xitanas e xitanos de Narón e esta é a nosa historia” está formada por un total de 13 fotografías e a de “Homenaxe ao pobo xitano de Narón”, por un total de 20. En ambos casos, a través das imaxes apóstase por darlle visibilidade ao colectivo e facer reflexionar á sociedade sobre as persoas desta etnia, máis integradas na actualidade pero sobre as que en determinadas áreas existen, tal e como eles mesmos manifestan, algunhas reticencias. Dende o Concello tamén se fixo chegar aos centros de ensino da cidade, para alumnado de terceiro a sexto de Primaria, unha unidade didáctica para traballar sobre esta temática. O documento poderase descargar tamén da web municipal. Outra das iniciativas municipais consistirá na entrega de marcapáxinas coa bandeira e o himno xitano a vindeira semana nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto, a Axencia de Lectura da Gándara e a Ludoteca da Solaina, ás usuarias e usuarios das instalacións. A maiores, dende o Concello tamén se colocará a vindeira semana a bandeira xitana, en sinal de homenaxe a este pobo. Finalmente, entre o 10 e o 14 de abril haberá unhas xornadas de portas abertas na Casa da Cultura, onde traballa a asociación Acción Familiar Ferrol, con persoas do colectivo, tanto menores como participantes nos obradoiros de manualidades e costura. Entre as 9.30 e as 14.00 horas poderase ver o traballo que realizan ao longo do ano dende a citada entidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal