Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CENTROS CÍVICOS SOCIAIS DE DOSO E SEDES ACOLLERÁN NOVAS CHARLAS SOBRE O CONTROL DA VESPA VELUTINA
O Concello colabora nesta iniciativa, que xa se desenvolveu noutras parroquias da cidade, coa Asociación Galega de Apicultura
Narón, 29 de marzo de 2023. O vindeiro venres, día 31, terá lugar unha nova charla do programa “Stop vespa velutina”, impulsado pola Asociación Galega de Apicultura en colaboración co Concello e, neste caso, a Asociación de Veciños A Naveira, de Doso. O centro cívico social da citada parroquia acollerá ese día, ás 19.00 horas, unha charla informativa sobre os riscos de ter un niño de vespas velutinas próximo ás vivendas e tamén da importancia do trampeo primaveral. A seguinte convocatoria programada será o 4 de abril ás 20.00 horas no Centro Cívico Social de Sedes, un acto que conta coa colaboración da entidade veciñal Rosa dos Ventos, da citada parroquia naronesa. En ambos casos o técnico apícola Rafael Nieto será a persoa encargada de impartir as charlas, nas que se abordarán temas como o control primaveral de raíñas, como evitar niños próximos ás vivendas, a fabricación de trampas e atraíntes, actuacións ante niños (aviso, retirada e precaucións) e primeiros auxilios por picaduras. O trampeo entre os meses de marzo e maio é fundamental, tal e como subliñan dende AGA, para evitar a proliferación das vespas velutinas, unha ameaza para as persoas e tamén un problema medioambiental.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal