Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE PERSOAS ASISTIRON ONTE Á CLASE MAXISTRAL DE GUITARRA A CARGO DE CABE GARCÍA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, acudiron á convocatoria, que tivo lugar na Casa da Mocidade, na Gándara
Narón, 30 de marzo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, desprazáronse onte á tarde á Casa da Mocidade con motivo da celebración dunha clase maxistral de guitarra a cargo de Cabe García, recoñecido músico da comarca cunha dilatada experiencia no mundo da música. Unha vintena de persoas acudiron a esta actividade, de balde, organizada dende a Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz. Ao longo da convocatoria os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer a traxectoria profesional de Cabe García e tamén aprender da súa técnica musical, concretamente neste caso coa guitarra. García realizou un percorrido no que o público constatou a influencia na súa música de diferentes estilos e tamén, durante as dúas horas da clase, amosou a técnica do fingerpicking. “Esta actividade impulsada dende o Concello aposta por diversificar o traballo e as propostas que se levan a cabo na Escola de Música Moderna de Narón e a acollida que tivo foi moi boa, polo que continuaremos apostando por programar este tipo de sesións na cidade”, asegurou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal