Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU O NOVO EDIFICIO PARA FOMENTO E APOIO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA GÁNDARA
Marián Ferreiro desprazouse ás instalacións xunto cos edís de Obras e Deportes, Pablo Mauriz e José Oreona, respectivamente, e integrantes do Club de Remo Narón
Narón, 30 de marzo de 2023. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os concelleiros de Obras, Pablo Mauriz, e Deportes, José Oreona, desprazáronse á Gándara con integrantes do Club de Remo de Narón con motivo do remate das obras e inicio de actividade nas novas instalacións do Club de Remo. O Concello, tal e como destacou a rexedora local, “destinou un investimento de preto de 100.000 euros a esta construción, que loce totalmente renovada e permite ofrecer aos integrantes do club local, que conta con escolas municipais, unhas mellores instalacións nas que poder desenvolver a súa actividade”. O edificio mantén a súa estrutura rectangular, de 15x10 metros e dous accesos, tal e como solicitaron os integrantes do club naronés. A actual superficie útil ronda os 133 metros cadrados, nos que se habilitaron: sala de usos múltiples deportivos, oficina, hall, corredor e vestiarios para homes, mulleres e adaptado. “Os cambios aprécianse no interior, totalmente renovado, pero tamén no exterior do edificio, onde se substituíron as antigas placas de fibrocemento por panel sándwich, se renovou a carpintería e se revestiu a fachada con paneis de madeira e cemento, o que o integra totalmente na paisaxe na que se ubica, na zona da enseada da Gándara”, apuntou Ferreiro. “A materialización destes traballos supón un novo avance en canto ao mantemento e mellora de instalacións deportivas municipais, un área á que tan só no actual mandato o goberno local destinou unha partida que superou os 1,6 millóns de euros”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa aproveitou a visita ás instalacións locais para coñecer a opinión do Club de Remo Narón sobre os traballos executados e tamén para interesarse pola súa actividade deportiva, na que lles desexou moito éxito durante a tempada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal