Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE PEDROSO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A SEGUNDA EDICIÓN DO MERCADO ANCESTRAL
A concelleira de Festas e Feiras, Natalia Hermida, presentou o evento acompañada por Flor Felgar e Daniel Fernández, presidenta e vogal, respectivamente, da Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña", de Pedroso
Narón, 16 de maio de 2023. A concelleira de Festas e Feiras, Natalia Hermida, presentou esta mañá a segunda edición do Mercado ancestral de Pedroso acompañada por Flor Felgar e Daniel Fernández, presidenta e vogal, respectivamente, da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso. A edil naronesa avanzou que se instalarán para a ocasión unha trintena de postos xunto ao local social da Pombiña. A aoertura do Mercado ancestral será este venres, día 19 ás 17.00 horas, se ben as persoas que o desexen poderán achegarse tamén a este mercado ancestral o sábado e o domingo, xornadas nas que os postos abrirán as súas portas de 11.00 a 15.00 e dende as 17.00 ata as 23.00 horas, tal e como avanzaron. Hermida explicou que haberá preto dunha trintena de postos, algúns de les de alimentación (churrería, panadería, embutidos, doces…) e tamén de comida rápida (taberna, crepería, bolos…) e a maiores outros de venda de diferentes artículos (bisutería, sacos térmicos, roupa, minerais, pezas de ganchillo, xoguetes, incienso…). “Haberá unha gran variedade de propostas para que as persoas que se despracen a Pedroso poidan desfrutar dunha agradable xornada na que adquirir algúns produtos ou degustar algunha das elaboracións que estarán á venda”, apuntou Hermida. Ao apartado dos postos súmase unha ampla programación deseñada para os tres días, con actuacións de faunos, acrobacias, espectáculos de circo e lume, sesións musicais, xigantes, minotauros e moitas outras propostas para amenizar este Mercado Ancestral. Para as nenas e nenos tamén haberá varias atraccións infantís instaladas na zona e un recuncho específico no que poderán xogar e participar en varios obradoiros. Outro dos atractivos serán os obradoiros de oficios antigos, como a talla de madeira ou a construción dunha gaita. A presidenta da Pombiña amosou a vontade de que o evento se vaia consolidando nesta parroquia. Pola súa banda, a edil de Festas e Feiras agradeceu a implicación e colaboración da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña co Concello para organizar este Mercado ancestral e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a achegarse a Pedroso para desfrutar das variadas propostas do mesmo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal