Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REPRESENTACIÓNS TEATRAIS NO AUDITORIO MUNICIPAL E CLASES DA ESCOLA DE MÚSICA AO AIRE LINRE PARA REMATAR O CURSO NAS ESCOLAS
Alumnado das Escolas participará nos actos de final de curso, abertos á asistencia da cidadanía en xeral
Narón, 22 de maio de 2023. A Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón desenvolverá dende hoxe ata o 13 de xuño as mostras de fin de curso nas instalacións do auditorio municipal. Así o recordou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que avanzou que esta tarde, ás 20.30 horas, representarán “Un pacto con S. Meisner e W. Layton”, da clase de adestramento actoral do curso Practicum. Na xornada de mañá será o turno do alumnado de terceiro curso da Escola, concretamente o da asignatura de Teatro físico, que representará “Dinámicas de creación” e o mércores o alumnado de primeiro de Interpretación, con “Guerra de pallasas” e de segundo e terceiro de música e canto, con “O mesón de Thernadier”. As seguintes propostas serán o mes de xuño, concretamente os días 7 e 13, co alumnado de segundo e terceiro de Montaxe, que representará “Dora Maar surrealista” e o do curso Practicum de Teatro musical, con “Terapias alternativas”. En todos os casos as representacións darán comezo ás 20.30 horas e a entrada será de balde. O final de curso chega tamén á Escola de Música Moderna e esta semana o alumnado dará clases ao aire libre en horario de tarde na Praza da Gándara. Hoxe serán as de Guitarra de iniciación, con Marcos Mella, de 16.00 a 18.00 horas; as de Guitarra de perfeccionamento, de 19.30 a 20.30, tamén con Marcos Mella e as de iniciación de Batería, de 20.30 a 21.30 horas, con Cristóbal Castro, tal e como avanzou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz. O vindeiro xoves, día 25, será o turno do alumnado de perfeccionamento de Piano, de 16.00 a 18.00 horas, e de iniciación de Piano, de 18.00 a 20.00, en ambos casos con Cristina Teijeiro e finalmente o venres 26 a de perfeccionamento de Batería, de 16.00 a 18.00 horas, con Cristóbal Castro. Dende o Consistorio animouse á cidadanía a acudir a estas convocatorias para coñecer de primeira man o traballo que se realiza tanto na Escola de Formación de Actores e Actrices como na Escola de Música Moderna de Narón, que rematarán en xuño a súa actividade.

<<< Xuño 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
www.naron.es