Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALA NO PARQUE INFANTIL DE FREIXEIRO UN COLUMPIO ADAPTADO PARA NENAS E NENOS EN CADEIRA DE RODAS
O edil de Servizos, Ibán Santalla informou que o columpio estará operativo nos vindeiros días
Narón, 23 de maio de 2023. O concelleiro de Sevizos, Ibán Santalla, informou da instalación dun columpio adaptado para nenas e nenos en cadeira de rodas no parque infantil de Freixeiro. “Nos vindeiros días, en canto se coloque o solo de caucho, este novo elemento de xogo estará plenamente operativo, facendo do de Freixeiro un parque máis integrador e seguindo a liña do traballo xa realizado noutros parques infantís da cidade”, apuntou Santalla. “É un columpio cun acceso por rampa para a cadeira de rodas e que dispón de dúas cordas para axudar a balancearse unha vez dentro, moi seguro e coas homologacións pertinentes, como non podía ser doutro xeito”, indicou o edil de Servizos. A cidade conta xa con columpios adaptados nos parques da Gándara e Xuvia e a previsión é, tal e como asegurou Santalla “que no caso de que se detecte máis demanda tanto de columpios adaptados como doutros como o que se poderá utilizar no parque de Freixeiro, os vaiamos instalando”. O novo columpio está perfectamente integrado no parque infantil de Freixeiro, que é xunto cos da Gándara e Xuvia dos máis concurridos na cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal