Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DA DEPRESIÓN E MELLORA DA SAÚDE MENTAL CONTINÚA O VENRES NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, avanzou que a médico psiquiatra Teresa Velasco e o psicólogo clínico Ricardo Vázquez serán os encargados da primeira conferencia de xuño
Narón, 6 de xuño de 2023. O ciclo de conferencias do Programa de prevención da depresión e mellora da saúde mental impulsado polo Concello continuará desenvolvéndose este mes. O concelleiro en funcións de Sanidade, Manuel Ramos, informou que este venres ás 19.30 horas o salón de actos do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá unha conferencia sobre “Psicoloxía e psiquiatría, diferenzas e traballo conxunto”. A médica psiquiatra na USM-3 do Hospital Naval, Teresa Velasco, e o psicólogo clínico da USM-3 do mesmo centro sanitario, Ricardo Vázquez, serán nesta ocasión os encargados de falar aos asistentes sobre esa área da saúde mental. O público, con acceso libre ata completar a capacidade da sala, terá a oportunidade de interactuar realizando as preguntas que considere oportunas sobre a temática a tratar na conferencia. A seguinte cita do ciclo será o 17 de xuño ás 11.00 horas, tamén no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, e a cargo de Paula Marín, psicóloga, escritora, divulgadora e formadora, ademáis de directora da súa propia clínica. “Saúde mental na actualidade: invalidación, esixencia e positivismo tóxico” é o titulo da conferencia que impartirá no marco deste programa municipal. “A saúde mental é cousa de todos e todas” é o lema desta iniciativa, á que dende o Concello se anima a participar a toda a cidadanía interesada en abordar este tema da man de recoñecidos profesionais.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal