Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DAS MERENDAS LGTBIQ+
O concelleiro en funcións de Participación Cidadá, Román Romero, avanzou que a convocatoria será o 22 de xuño na Casa da Mocidade, na Gándara
Narón, 6 de xuño de 2023. O concelleiro en funcións de Participación Cidadá, Román Romero, anunciou unha nova convocatoria das Merendas LGTBIQ+ organizadas a través da Escola de Participación Cidadá. O edil naronés explicou que se trata dunha iniciativa aberta á participación de mocidade lesbiana, gay, bisexual, trans, intersexual e queer, de entre 14 e 18 anos, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, de 17.00 a 19.00 horas na Casa da Mocidade, na Gándara. “É unha proposta concebida coa vontade de ser un espazo de encontro e apoderamento dinamizado no que as persoas que acudan poidan compartir referentes, redes de apoio mutuo e afondar na realidade da mocidade LGTBIQ+”, asegurou. Para poder asistir é preciso inscribirse previamente, de balde, a través do enlace: https://cutt.ly/dww2ckXb co fin de que a organización dispoña dunha previsión do número de participantes nas merendas LGTBIQ+. As persoas que desexen recibir máis información poden chamar ao número de teléfono da Escola de Participación Cidadá de Narón: 603 865 413 ou entrar nas redes sociais da citada entidade -@EscolaParticipacionNarón- ou na web do Concello de Narón: www.naron.es. Dende o Consistorio animouse a asistir ás mozas e mozos aos que se dirixe esta convocatoria, co fin de compartir un tempo conxunto e intercambiar impresións sobre os referentes LGTBIQ+.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal