Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ O XOVES CON OBRADOIROS E UNHA PLANTACIÓN NO PASEO DE XUVIA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O edil en funcións de Medio Ambiente, Ibán Santalla, animou á cidadanía a participar nos actos
Narón, 6 de xuño de 2023. O Concello conmemora este ano con varios actos o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra cada 5 de xuño. Se nesa mesma xornada se realizou un apagón ambiental na rotonda de Freixeiro e a Casa da Cultura, a programación continuará este xoves pola tarde no paseo de Xuvia, tal e como avanzou o edil en funcións de Medio Ambiente, Ibán Santalla. A partir das 17.00 horas nas inmediacións do parque infantil desenvolveranse unha serie de obradoiros abertos á participación da cidadanía en xeral. As persoas que participen poderán realizar marxapáxinas reciclados, en colaboración con persoal da Asociación Croio, ou noutros de chef solar, de sensibilización sobre a enerxía solar que consistirá na construción dun forno solar, exposición de cociñas solares e preparación de diferentes menús -utilizando unha cociña solar- que posteriormente poderán degustar os asistentes. Haberá un terceiro obradoiro de confección de chapas conmemorativas do Día Mundial do Medio Ambiente e, a maiores, haberá un Trivial sobre Urxencia climática, un xogo con varios participantes no que terán que eliminar toneladas de CO2 nos diferentes planetas, a base de respostar unha serie de preguntas, para reducir a pegada de carbono. A continuación, sobre as 18.00 horas, haberá unha plantación de árbores no paseo marítimo, aberta tamén á cidadanía e na que se plantarán unha decena de exemplares de árbores autóctonas. Ao remate instalaranse unha docena de identificadores de árbores no arboreto de Xuvia, que a través do escaneo dun código QR permitirá ás persoas que o desexen acceder a unha web na que se ofrece información sobre varias especies arbóreas. “Queremos celebrar un día tan importante como o do Medio Ambiente con varias propostas dirixidas á veciñanza, que poderá implicarse nas actividades deseñadas para a ocasión e encamiñadas todas elas a respectar e coidar o medio ambiente”, recalcou Santalla, que animou a participar ás veciñas e veciños da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal