Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMACIÓN DO PAZO DA CULTURA PARA ESTE OUTONO
Haberá espectáculos de teatro, concertos, danza e ópera.
Narón, 13 de setembro de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón (situado na rúa Holanda, frente á urbanización Ciudad Europa) iniciará o venres 17 de setembro a sua programación cultural de outono, na que haberá espectáculos de teatro, concertos, danza e ópera. As entradas poden mercarse nas taquillas do Pazo da Cultura, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:00 a 20:00 horas, ou dúas horas antes de cada representación. Tamén pode facerse via telefónica, no número 981 10 28 97. O prezo dos espectáculos é de 8 euros para o público en xeral, 5,60 euros para os abonados, e 4 euros para os usuarios do Carné-xoven (ata 25 anos). A maioría dos espectáculos se levarán a cabo os venres ás 20:30 horas, e os sábados ás 20:00 horas. PROGRAMACIÓN DE SETEMBRO A DECEMBRO DE 2010: SETEMBRO -Venres 17 e sábado 18: Teatro- "Casting (a comedia)" de Lagarta Lagarta. Xénero teatral: comedia. Se estrea en Narón. -Venres 24 e sábado 25: Teatro- "Historias Peregrinas" de Teatro do Noroeste. Xénero teatral: comedia. Se estrea en Narón. OUTUBRO -Sábado 2: Teatro- "Limpeza de sangue" de Espello Cóncavo. Xénero teatral: drama. Se estrea en Narón. -Venres 8 e sábado 9: Teatro- "Memoria de Helena e María" de Teatro do Atlántico. Xénero teatral: drama. Se estrea en Narón. -Venres 15 e sábado 16: Teatro- "A Nona" de Teatro do Morcego. Xénero teatral: comedia. Se estrea en Narón. -Xoves 21: Danza- "Rosas negras" de El Taller Compañía de Flamenco. Xénero: danza-flamenco. -Sábado 23: Teatro- "Sexo? Por que non?" da compañia EME2 Emocion&Arte. Xénero: comedia. -Sábado 30: Teatro- "Maté a un tipo" da compañía Bambalinas Asesinas. Xénero: comedia. NOVEMBRO -Xoves 4: Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia. "Robert Schumann (no bicentenario do seu nacemento)". Ás 20:30 horas, entrada con invitación -pode retirarse nas taquillas do Pazo da Cultura-. Concerto organizado en colaboración coa Fundación Caixa Galicia. -Sábado 6: Teatro- "Os vellos non deben de namorarse" de Teatro do Morcego. Xénero: teatro clásico. Estrea en Narón. -Xoves 11: Danza contemporánea- "...tabú resorte" de Javier Martín. -Sábado 13: Teatro- "Siempre fiesta" de La Cuarta Pared. Xénero: teatro contemporáneo. -Sábado 20: Teatro musical- "Pedro de Valdivia: la Gesta Inconclusa" de Tryo Teatro Banda. -Sábado 27: Teatro musical- "Cabaret líquido" de Laví e Bel. -Domingo 28: Danza infantil- "Pequenos paraísos" de Aracaladanza. DECEMBRO -Sábado 4: Teatro- "Miguel Hernández" de Teatro Meridional, S.L. Xénero: drama. -Sábado 11: Teatro musical- "Los músicos del Titanic" de Teatro Che y Moche, S.L. -Luns 20: Música- Concerto gospel a cargo de Robin Brown & The South Carolina. -Martes 21: Música- Concerto gospel a cargo de Joshua Nelson Singers. (Pódese consultar máis información sobre os espectáculos na páxina web do Padroado de Cultura de Narón, www.padroadodecultura.es )

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal