Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE O ESTREO DA OBRA "LIMPEZA DE SANGUE" DA COMPAÑÍA ESPELLO CÓNCAVO
Terá lugar o sábado 2 de outubro, ás 20:00 horas. O texto foi Premio Alvaro Cunqueiro no 2005 e Premio nacional de Literatura no 2007.
Narón, 30 de Setembro de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 2 de outubro a estrea teatral “Limpeza de sangue (o sangue fai ruído)” a cargo da compañía Espello Cóncavo. O director desta obra, Arturo López, compareceu en rolda de prensa para falar sobre o texto, que foi Premio Alvaro Cunqueiro 2005 e Premio nacional de Literatura 2007. Acompañándoo estiveron tres dos actores desta obra (Sergio Zearreta, Gari, e Fernando Morán) ademáis do Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, quen destacou a importancia dos premios acadados por esta obra. “É unha ledicia presentar por terceira semana consecutiva unha estrea teatral desta categoría en Narón”, comentou ó respecto. A obra se representará ás 20:00 horas, e ten unha duración de 2 horas. Os protagonistas de “Limpeza de sangue” son dous homes (Fernando e Pantaleón) que proceden de mundos opostos (un é un executivo e outro un ex toxicómano) que coinciden nunha sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, ven nacer unha amizade inimaxinable. De xeito paralelo, aparecen en escea outros persoaxes que habitan na cidade de A Coruña. A acción discorre en diversos paraxes, para o cal se recrean ata 29 escenarios diferentes grazas a elementos básicos no mundo do teatro coma a iluminación, o son ou as proxeccións de imaxes.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es