A X FEIRA DO MEL E PRODUTOS ECOLÓXICOS CELÉBRASE O DOMINGO 24 DE OUTUBRO EN SEDES
Haberá unha degustación gratuita de mel con pan de centeno, ademáis da venda de produtos típicos.
Narón, 15 de Outubro de 2010.- O Concello de Narón, en colaboración coa empresa Terranova que xestiona o parque temático de Aldea Nova- e a asociación galega de apicultura (AGA) organizarán a X Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos que se celebrará o vindeiro 24 de outubro, no Recinto Feiral do Trece (Sedes).
Nesta iniciativa colaboran a Concellería de Feiras e Mercados, a Concellería de Turismo, e a Concellería de Medio Ambiente. En conxunto teñen diseñado un programa de actos que inclúe a mostra e venda de produtos ecolóxicos, a degustación gratuita de mel con pan de centeno, e o sorteo de 11 lotes de produtos ecolóxicos. Ademáis, a entrada á feira é de balde.
Está prevista a participación de máis de 30 productores ecolóxicos venidos de toda Galicia, que exhibirán e venderán verduras, legumes, froitas, lácteos, ovos, carnes, dulces, ,mel, e incluso algas e cosméticos. Os visitantes poderán visitar a cuberto a rica oferta dos postos de venda, e disfrutar da degustación de queso e pan con mel da zona, en horario de mañá, de 10:00 a 14:45 horas.
De xeito complementario, o público tamén poderá contemplar a exposición Aves de Galicia, formada por 14 paneis fotográficos e cedida pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Xa pola tarde, se levarán a cabo dous charlas técnicas no parque temático Aldea Nova, con entrada libre. Son as seguintes:
-17:00 horas: Control alternativo da Loque por Marcos Varela Lorenzo, Enxeñeiro agrónomo especializado en sanidade apícola.
-18:30 horas: Comercialización a pequena escala dos produtos da colmea por Xesús Asorey Martínez, Biólogo e consultor apícola.