A WEB DA CONCELLERÍA DE MOCIDADE GANA DOUS GALARDÓNS INNOVA-G DA ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS TIC
Narón, 16 de Outubro de 2010.- A web da Concellería de Mocidade de Narón (www.dameuntoke.eu) acaba de ser galardoada con dous premios da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), quen premiou o primeira vez a diferentes pemes galegas polo seu esforzo innovador e o seu posicionamento na web e nas redes sociais.
A web da Concellería de Mocidade recibíu dous galardóns nas categorías de Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns, e Mellor deseño para todos. A responsable desta delegación, Natalia Hermida, declarou ó respecto que estos galardóns veñen a respaldar o traballo e o esforzo da Concellería de Mocidade na súa labor de comunicación e contacto coa xuventude de Narón. E tamén é un recoñecemento á labor do Concello, o cal é sempre gratificante e anímanos a seguir nesta liña de traballo, declarou a Concelleira de Mocidade.
A web dameuntoke que tamén está presente nas redes sociais de Facebook, Twitter, Youtube e Tuenti- foi creada e dinamizada pola empresa Sdweb Solucións Dixitais S.L.- e destaca polo bo uso da Internet. Actualmente, conta cunha comunidade de aproximadamente 2.000 usuarios que diariamente son informados sobre temas relacionados coa mocidade coma o deporte, o medioambiente, a saúde, a educación, o traballo ou o ocio.
A Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, expresou tamén a súa satisfacción por ter apostado por unha empresa 100% galega e cun equipo humán que destaca pola sua xuventude, que se encarga dos contenidos da mesma.
Os galardóns foron recibidos polo xerente de Sdweb, Brais Martínez, quen destacou o interese do Concello de Narón por crear unha aplicación web que realmente servise de canle de comunicación coa xuventude naronesa. dameuntoke é un proxecto vivo que seguirá a crecer nos vindeiros meses con novas funcionalidades e propostas. O que lle dá un aire innovador ó proxecto é o contacto directo coa mocidade, que nos permite adaptarnos continuamente e ofrecer novas propostas, concluíu Martínez.
A entrega de premios celebrouse o pasado xoves 14 de outubro en Santiago de Compostela, nun acto organizado por Agestic e que estivo marcado por unha felicitación unánime ás compañías recoñecidas, que destacaron entre mías dun centenar de candidaturas.
Para máis información, podedes consultar a web de referencia dos premios:
http://www.premiosinnovag.org/