As novas instalacións contan cunha aula de audiovisuais e conferencias, sala de informática e biblioteca, e oficiñas para cinco entidades.
Narón, 22 de Outubro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurou onte a ampliación do Local Social de A Gándara, realizada co fin de aumentar os medios e as actividades das asociacións que farán uso destas instalacións.
As obras foron realizadas nun prazo de 6 meses, cun orzamento total de 168.497,46 euros procedentes do Plan E.
Os traballos en cuestión consistiron na construcción dunha superficie en forma de L (anexa ó edificio existente) dividida en pranta baixa e pranta alta. Suman 214,10 m2 útiles.
Na pranta baixa atópase unha aula de audiovisuais e conferencias, un almacén e unha cociña para o ambigú, tres servicios (un deles, adaptado a minusválidos), e unha barbacoa. Todo elo nunha superficie de 141,10 m2.
A pranta alta albergará as oficiñas das cinco entidades sociais e deportivas que ocuparán o edificio, e unha sala de informática e biblioteca. En total son 73 m2 de superficie.
As entidades que empregarán estas instalacións son: Asociación de Veciños de A Gándara, Asociación da 3ª idade Santiago Apóstol, Asociación de radioaficionados Bravo Delta, Club de Fútbol Santiago Apóstol, e Asociación de Taichí.Shibui).