Dispón de etilómetro para realizar controis de alcoholemia, e un equipo informático para tramitar atestados.
Narón, 22 de Outubro de 2010.- A Policía Local de Narón dispón dun novo furgón de atestados, que hoxe foi presentado públicamente na Praza de Galicia polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, acompañados polo edil de Seguridade Cidadá, Ramón Padín.
O vehículo é un Toyota Hiace D4D C 95, e está adaptado con tódolos elementos necesarios para facilitar o traballo ós policías adicados ó servizo de atestados e tráfico. Este novo furgón ten unha capacidade de 7 prazas, e dispón de mobiliario adaptado, mesas de traballo para alcoholímetro, un etilómetro e un ordenador portatil con impresora para realizar os trámites administrativos relacionados cos atestados e tráfico.
Ademáis, dispón de elementos sinalizadores de emerxencia, inhibidores para o lume, sinais plegables, e diversas tomas de corrente no interior e exterior de 12 v. e 220 v. O vehículo, xunto con tódalas modificacións feitas no mesmo, tivo un curso de 33.500 euros.
Actualmente a flota de vehículos da Policía Local de Narón está composta polas seguintes unidades:
4 Motocicletas Honda CB 500
1 Citröen AX (Servizo de Informes da Policía Local)
1 Citröen Xsara Picasso (Patrulla)
1 Chevrolet Lacetti (Servizo de Medioambiente)
2 Toyota Auris (Patrulla)
1 Toyota Prius (Patrulla)
1 furgón Citröen Jumpy (Atestados)
Coa incorporación do novo vehículo, a Policía Local de Narón pasa a ter unha flota de 8 vehículos e 4 motocicletas, que serán empregados polos 36 axentes que forman a plantilla do Corpo de Policía Local. A este respecto, o Alcalde de Narón sinalou que a forza local de seguridade está bastante ben equipada aínda que sempre temos que aspirar a ter máis. A incorporación deste novo vehículo de atestados vai a mellorar a calidade do servizo que presta a Policía Local, destacou Jose Manuel Blanco.