Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN DISPÓN DUNHA NOVA ESCULTURA CEDIDA POLO ARTISTA MANUEL PATINHA
Está situada na rúa 25 de Xullo, frente á Biblioteca Municipal, e leva por título "Avelinda".
Narón, 4 de xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o escultor portugués afincado en Narón, Manuel Patinha, visitaron hoxe a obra deste artista "Avelinda", colocada recentemente nunha prazoleta da rúa 25 de Xullo, fronte á Biblioteca Municipal. Trátase dunha peza de acero inoxidable reforzado e cunhas dimensións de 560 x 180 centímetros, que pasará a formar parte do patrimonio municipal. A escultura foi realizada nos talleres deste artista en A Faisca (Narón), e permaneceu un tempo en Santiago de Compostela, e logo en Aveiro (Portugal) para terminar definitivamente na súa casa, en Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal