Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ O III CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE A CULTURA CELTA
Terá lugar do 15 ó 17 de abril, coa presenza de destacados expertos a nivel europeo.
Narón, 16 de Febreiro de 2011.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá os días 15, 16 e 17 de abril o III Congreso Internacional sobre a Cultura Celta, organizado polo Instituto Galego de Estudios Celtas en colaboración co Concello de Narón, a Deputación de A Coruña e a Xunta de Galicia. O programa do congreso e a páxina web do mesmo foron presentados hoxe en rolda de prensa polo secretario xeral do Instituto Galego de Estudios Célticos, Artur Alonso Novelle, o historiador do Concello de Narón Andrés Pena, e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco. O rexedor destacou a importancia de este congreso “no que se vai a debatir a orixe dos celtas a tódolos niveis, xenético, histórico, xeográfico, antropolóxico… Basta con ver o programa do congreso para darse conta da importancia que ten este evento, no que participarán expertos de carácter internacional”, resaltou José Manuel Blanco. O Alcalde amosóuse satisfeito porque o Pazo da Cultura de Narón acolla un congreso deste nivel, e confiou en encher as localidades cos participantes que se inscriban no mesmo. A este respecto, o historiador do Concello, Andrés Pena, salientou que este congreso marcará un antes e un despois na historia do Celtismo “xa que vai establecer de ónde proceden os celtas, que probablemente sexa da cornisa atlántica na que vivimos. Todo o que se diga neste congreso serán cuestións probadas, ciencia e non política”, declarou. A información relativa a este III Congreso Internacional sobre a Cultura Celta “Os celtas da Europa Atlántica” pode consultarse na páxina web www.estudosceltas.org onde tamén figura o programa do mesmo, que inclúe 32 ponencias que desenvolverán outros tantos expertos, entre os que destacan Angel Carracedo (director do Instituto de Medicina Legal da USC), José María Luzón (Catedrático de Arqueoloxía da Universidade Complutense de Madrid), Venceslás Kruta (Arqueólogo, Historiador e Profesor da École Pratique des Hautes Études –EPHE-) e Fernando Acuña (Catedrático de Arqueoloxía da UCD).
Descarga de archivos
Programa do III Congreso Internacional sobre a Cultura Celta
Tamaño:582,77 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal