21 ALUMN@S FINALIZARON CON ÉXITO OS CURSOS DE ELECTRICISTA E ELECTRONICISTA DE EDIFICIOS
O índice de inserción laboral destos itinerarios de formación sitúase entre o 60% e o 70%, segundo apuntou o Alcalde de Narón.
Narón, 25 de Febreiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, José Luis Suárez, entregaron hoxe no Concello os diplomas correspondentes a dous cursos de formación do Plan AFD 2010 da Xunta de Galicia.
Segundo explicou o Alcalde de Narón, estos cursos de formación foron subvencionados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia pero o Concello aportou as instalacións do Centro Municipal de Emprego Irmáns Froilaz e ademáis ofrecerá un seguemento personalizado a cada un dos alumnos durante un ano.
Nese tempo, os técnicos de emprego e orientadores municipais axudarán ós demandantes a actualizar o seu currículum, informaránlles das ofertas de emprego que poidan xurdir, e ademáis explicaránlles outra posibilidade para acceder ó mercado laboral, coma é o autoemprego.
Os cursos de formación laboral están a ter un índice de inserción profesional de entre o 60% e o 70%, segundo adiantou o Alcalde de Narón.
Os diplomas entregados hoxe correspondían ós cursos de Electronicista Básico de Edificios (8 alumn@s) e Electricista de Edificios (13 alumn@s). En ambos cursos tamén se ofreceron, con cargo ó Concello, dous módulos transversais sobre Prevención de Riscos Laborais (60 horas) e Formación para a Igualdade (10 horas).
O Curso de Electronicista Básico de Edificios tivo unha duración de 620 horas, e desenvolveuse do 07-06-2010 ó 29-10-2010. Dividiuse en tres bloques: Electrónica Básica, Instalación de eqiuipos e sistemas de comunicación, e instalacións de megafonía e instalacións de intercomunicación en edificios.
O Curso de Electricista de Edificios tivo unha duración total de 940 horas, cursadas do 02-06-2010 ó 30-11-2010. Os contidos dividíronse entre a montaxe, instalación, mantemento e reparación de liñas eléctricas, cadros e automatismos eléctricos, aparatos e máquinas e instalacións singulares en edificios.