Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRACION DA FESTA DOS MAIOS NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE PIÑEIROS
Na tarde do sábado realizarase un mosaico floral e se exporán os traballos feitos por 1.500 escolares de Narón.
Narón, 5 de Maio de 2011.- O Centro Cívico Social de Piñeiros acollerá os días 7 e 8 de Maio unha nova edición do programa Maios de Narón, organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Sociedade Cultural Areosa. Trátase da 14ª edición deste programa, aberto á poboación en xeral –que poden participar cun Maio, ou na construcción do mosaico floral- e ós escolares de tódolos niveis educativos dos centros de ensino de Narón. O calendario de actos previstos para esta celebración é o seguinte: Sábado 7 de maio 17:00 horas: Concentración no adro da Igrexa de Piñeiros. 17:30 horas: Saída da Comitiva. 17:40 horas: Recepción no Pavillón. 18:00 horas: Programa de actos dos xogos florais: -Actuación dos grupos do Padroado -Realización do Mosaico Floral -Mostra de Cadros Florais. Domingo 8 de maio De 11:00 a 20:00 horas: Exposición dos traballos florais. A exposición de cadros florais está formada por 70 cadros realizados polos escolares dos seguintes centros: CEIP A Solaina, CPI O Feal, CEIP Ponte de Xuvia, CEIP Piñeiros, CEIP Santiago Apostol, CRA de Castro e Domirón, e as Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Na confección destos maios participaron arredor de 1.500 nenos/as.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal