Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL ÓS EQUIPOS DE BALONCESTO E FÚTBOL SALA DE NARÓN
Ambos veñen de gañar o campionato de Liga de 1ª División nas súas respectivas modalidades.
Narón, 7 de Maio de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe dous recepcións institucionais ós equipos de Fútbol Sala e Baloncesto de Narón, que acaban de acadar o campionato de Liga de 1ª División Nacional A. Primeiramente, o rexedor recibíu ó equipo Cidade de Narón de Fútbol Sala, e felicitou ós xogadores e ó equipo técnico e directivo por acadar esta distinción. “No 2010 tivemos a sorte de que os benxamíns do Cidade de Narón de Fútbol Sala gañaron o Campionato de España na súa categoría, e agora estamos aquí para recoñecer o voso traballo. Ser campións de liga supón que agora sodes un reflexo para os nenos”; declarou José Manuel Blanco. Pola súa parte, o presidente do clube, Miguel Rodríguez Aneiros, agradeceu publicamente o apoio amosado polo Concello de Narón ó deporte ó longo dos cinco anos de vida do clube. “”Hoxe en día, o fútbol sala é o deporte que máis fichas de federados ten en Narón e na comarca. Nos, cando iniciamos a nosa andaina como clube contamos dende sempre co apoio institucional do Concello de Narón, pero tamén co apoio dos seus políticos a nivel personal, acompañándonos nos partidos decisivos no caso do Alcalde e da Concelleira de Deportes, e iso é impagable”, destacou. A edil de Deportes, Natalia Hermida, agradeceu ó Cidade de Narón de Fútbol Sala “que tivérades un proxecto coma este, porque hoxe Narón é o que é deportivamente falando grazas tamén a un equipo coma o voso”, declarou. A Concelleira de Deportes lembrou que en Narón actualmente hai 4.000 nenos/as facendo deporte nas diferentes disciplinas existentes. O Alcalde, José Manuel Blanco, engadíu ó respecto que “Narón ten un compromiso claro e firme coa infancia e a terceira idade, pero tamén temos que seguir apoiando o deporte de base e a cultura, e nese camiño imos estar”. A segunda das recepcións ofrecidas hoxe, ó Baloncesto Narón, contou coma a anterior con tódolos xogadores do equipo, corpo técnico e directiva. O rexedor comentou que, coa consecución do campionato de liga da 1ª División Nacional A “este equipo acaba de poñer a Narón no lugar que merece deportivamente falando”. O equipo cumple este ano o seu 25º cabodano, e dende o Concello de Narón vaise seguir apoiando esta traxectoria ascendente, na medida das posibilidades, para que o Baloncesto Narón poida xogar na Liga EBA. A Concelleira de Deportes expresou tamén a sua satisfacción por ter acadado este título, e lembrou que nos últimos dous anos, téñense instalado no municipio 20 canastas de baloncesto en diferentes parques e prazas de Narón, para que poidan practicar os nenos e os seus pais, e a poboación en xeral.
Descarga de archivos
Foto da recepción ó Cidade de Narón de Fútbol Sala
Tamaño:29,88 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal