Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLE AS XORNADAS "CORAZON AMIGO"
Se celebran o sábado 14 de maio, son gratuitas e se completan con obradoiros sobre deporte e alimentación saudable.
Narón, 12 de Maio de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o sábado 14 de maio, en horario de 10:15 a 14:00 horas, as xornadas “Corazón amigo”, organizadas pola Fundación Zonascardio en colaboración co Concello de Narón. A entrada é gratuita, e as inscricións para participar nos obradoiros complementarios pode realizarse o mesmo día. Trátase dunha serie de conferencias dirixidas ó público en xeral, pero sobre todo a deportistas, nas que se incidirá na importancia de manter a saúde cardiovascular. As xornadas será inauguradas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen dará paso a cinco ponencias sobre as enfermidades cardiovasculares e a prevención da morte súbita do deportista, a dieta cardiosaudable e o deporte, a desfibrilación temperá, o tabaquismo, e a alimentación saludable. Estarán impartidas por doutores especialistas nestas áreas. Ademáis, completaranse con obradoiros durante toda a xornada nos que se elaborarán platos cardiosaludables, se ensinarán técnicas de reanimación cardiopulmonar, haberá un concurso de debuxo e de relato corto, e deportes (spinning, aerobic, e pilates). Tamén se realizará unha gimkana coa misión de intentar salvar a vida de alguén que sufrira un paro cardíaco. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou o compromiso firme do Concello coa protección da saúde cardiovascular, materializado nunha inversión de 25.000 euros destinados á compra de desfibriladores. Así, téñense instalado 9 equipos de reanimación cardiovascular nos principais edificios públicos: Casa Consistorial, Pazo da Cultura, pavillóns polideportivos, campo de fútbol, e vehículo de Atestados da Policía Local. Ademáis, téñense formado a 42 persoas para poder usar estos aparatos. “A prevención de accidentes cardiovasculares é moi importante para nos, porque en Narón temos 3.500 rapaces e rapazas practicando deporte e temos que poñer os medios necesarios para evitar este tipo de sucesos”, declarou ó respecto o rexedor.
Descarga de archivos
Cartel Xornadas "Corazón Amigo"
Tamaño:125,68 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal